Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os populares de Ribadeo solicitan un Pleno Extraordinario

Por 21 Maio, 2020Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita un Pleno Extraordinario, no que se poida debater “unha verdadeira estratexia económica” para a Covid-19. Os populares fan esta petición porque a aparición da crise sanitaria creou un escenario que require da adopción de accións extraordinarias para paliar o impacto económico que esta situación está proxectando.

Precisamente, o Grupo Municipal Popular rexistrou tres documentos con medidas a tomar nesta situación excepcional, considerando que deberían de ser debatidas polos grupos que conforman o Pleno. Ata o de agora non se convocou á Corporación para tal debate. Os documentos aos que se refiren foron rexistrados o 20 de marzo, o 27 de marzo e o 15 de abril, e neles propoñíanse accións socioeconómicas para  actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da pandemia e impulsar a actividade económica no termo municipal, outorgando liquidez ás empresas da vila para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.

Para levar a cabo esta estratexia, Daniel Vega explica que “precisamos fondos”. “Podemos empregar o Fondo de Cooperación Local (que foi incrementado pola Xunta nun 6,6% neste exercicio), o Plan Único e incluso xerar unha partida de recursos propios para esta finalidade (empregando a devolución de impostos municipais por parte da deputación ou calquera outro orzamento)”, apunta, ao tempo que defende que a concreción da estratexia a seguir debería xurdir dunha comisión público-privada que dera voz aos distintos sectores implicados.

É dicir, esta estratexia debería contemplar as seguintes liñas de actuación:

  1. Creación dunha comisión publico-privada que defina a extratexia a seguir.
  2.  Apoio a autónomos, pemes…a través dun gabinete técnico que asesore dende os puntos de vista financiero, xurídico, administrativo e fiscal en horario de mañá e tarde.
  3. Axudas directas para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo ou non sendo este o caso, que a actividade desenvolvida pola empresa sufra unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de polo menos o 50%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  4. Axudas directas a aquelas persoas físicas, traballadores por conta allea que experimentaran unha merma nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun expediente de regulación temporal de emprego, ou tiveran a  necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 12 anos aos que lles tivera afectado o peche dos centros educativos con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
  5. Adopción de acordos para o futuro como o apoio e promoción do tecido empresarial de Ribadeo, coa creación dun portal web; apoio á organización de actividades culturais, deportivas e lúdicas ao longo de todo o ano; apoio ao emprendemento e a instalación de novas empresas cunha simplificación dos trámites, un forte asesoramento e medidas fiscais que favorezan a creación de novo tecido empresarial, a reclamación ao Goberno central o IVE adeudado ao concello ou a esixencia a SEPES da redución do coste das parcelas do polígono industrial para favorecer a implantación de empresas.