Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros retomará a atención presencial nas dependencias municipais

Por 22 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Barreiros informou de que a partir do luns 25 de maio retomará a atención presencial nas dependencias municipais.

O horario será de 9.30 a 14.30, en días sinalados para cada servizo e unicamente con cita previa a efectos de poder controlar a presenza de persoas nas dependencias. Lembran que non se pode acudir ás depencias municipais sen ter solicitado a cita con anterioridade.

Polo momento pódese informar e solicitar das citas chamando ao 982 124 002 ou no caso de Servizos Sociais ao 608 038 952.

A escola infantil permanecerá pechada a espera de coñecer protocolos de aplicación por parte das autoridades competentes en materia social e sanitaria. Pero mantéñense os trámites administrativos ou informativos que poidan ser necesarios chamando ao 982 124 407.

Na biblioteca municipal funcionarán os servizos de préstamo e devolución de libros, así como consultas en sala chamando ao 982 124 106.

A aula Cemit abrirá para uso dos equipos para consultas coa cita previa no teléfono 666 875 946, e as instalacións deportivas mantéñense pechadas.