Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os populares de Ribadeo denuncian o estado de “abandono do municipio”

Por 22 Maio, 2020Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular, da man da súa edil Elena Sierra, denuncia que, unha vez máis, “ a falta de planificación” do goberno local provoca que Ribadeo “estea abandonado”, debido a que o Concello, a pesares de estar a piques de entrar nos meses de verán, aínda non acometeu os traballos de limpeza e desbroce.

“Por este lamentable estado no que se atopa a nosa vila”, indican, será preguntado o rexedor no vindeiro Pleno que celebrará a Corporación. E é que, destaca Sierra, o nacionalista “ten que exercer a súa responsabilidade”. “Pedirémoslle que traballe algo máis, xa que, a estas alturas, tanto as zonas verdes urbanas, como todo o rural, están cheos de maleza; situación que non podemos permitir e consideremos inaceptable”, remarca a popular.

“Isto é o resultado dun goberno que non traballa. Cando xa deberiamos ter un Ribadeo limpo e rozado, está totalmente abandonado. As zonas recreativas están sen limpar, as estradas municipais tamén; o que fai, indica a edil, que nos amosemos moi críticos coa xestión do alcalde que demostra, di, que está a todo menos ao que ten que estar”.

E é que, apuntan que, cando se iniciou a fase 1 da desescalada, “tiña que estar todo en perfecto estado”. “Os veciños e veciñas poideron comprobar a situación a que nos estamos a referir: estado lamentable do Paseo das Aceñas (incluso se pechou para acometer os traballos de limpeza), accesos as beirarrúas da ponte sobre a circunvalación da estrada que vai da Fonte do Cobo a Ove;  áreas recreativas das parroquias, etc; unha situación que se debe a que o Concello aínda nin elaborou nin puxo en marcha un Plan Municipal de Residuos e Limpeza viaria e das áreas recreativas e espazos de lecer para os 365 dias do ano como lles levamos reclamando dende o inicio da lexislatura… Xa fai un ano, claro que, o medio ambiente, a pesares de contar cun Delegado con Dedicación exclusiva por primeira vez na historia do Concello, nunca lle preocupou,… aí está o estado ruinoso da Casa da Ría como outra mostra máis do seu nulo traballo”, sentencian.

“Calquera veciño pode corroborar o que dicimos. Ademais, somos a porta de entrada en Galicia do norte peninsular; somos un municipio turístico de referencia e un dos destinos máis solicitados da Mariña pero, sen embargo, a imaxe que ofrecemos por culpa da inacción do nacionalista é a dun pobo descoidado”. Por este motivo, defende Sierra, “pedirémoslle ao alcalde que dea as instrucións oportunas para o desbroce inmediato dos espazos urbanos que tamén son un punto de encontro para veciños e visitantes, así como da zona rural”.