Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

San Cibrao celebrou o seu mercado semanal con 14 postos

Por 22 Maio, 2020Sin comentarios

San Cibrao celebrou o seu mercado semanal na Praza dos Campos, respectando a distancia e as medidas de seguridade.

Instaláronse 14 postos da rama agroalimentaria, os únicos autorizados polo momento dada a situación excepcional que vivimos.

Tal e como explican, de xeito provisional, volveuse habilitar unha entrada e unha saída pola avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado.

Na entrada, o Concello facilitou solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomendou ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.