Skip to main content

A organización do festival de música electrónica Ether: An Electronic Odyssey de Viveiro comunicou que pospoñen a celebración para xullo de 2021 por mor do coronavirus e da crise sanitaria.

Este ano o festival chegaría a súa quinta edición e celebraríase o 18 de xullo, e dende a organización din que “s pesar de levar bastante tempo valorando a situación actual, seguen abatidos polo impacto tan demoledor que o coronavirus está a ter na nosa sociedade a todos os niveis. Por este motivo cremos que salvagardar a saúde de todas as persoas implicadas no festival é o primeiro”.

Esta cita, que é un punto de encontro para os amantes da música electrónica, seguirán traballando para que en 2021 poidan ofrecer unha noite inesquecible.