Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Viveiro reabriu as fontes públicas

Por 26 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa de que no día de onte procedeuse á apertura das fontes públicas, que poderán ser utilizadas única e exclusivamente para a recollida de auga destinada ao consumo.

O concello advirte de que continúa a prohibición de beber directamente das mesmas. En concreto, en virtude do establecido na Orde SND/414/2020, mantéñense pechadas todas as fontes públicas instaladas nos paseos marítimos, praias, parques ou outros espazos públicos destinadas a beber directamente das mesmas. 

O concello procedeu ao precintado das fontes públicas a comezos de abril por motivos de seguridade e saúde pública, en virtude do establecido na nota informativa sobre abastecementos de auga de consumo público con motivo da alerta sanitaria por COVID-19, ditada en data 3 de abril de 2020, pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

No momento de proceder ao precintado, analizouse a calidade da auga dun total de 22 fontes, que deron aptas para o consumo humano. Hoxe tomaranse mostras destas e dalgunha fonte máis para repetir as analíticas, que o concello vén realizando de forma periódica.