Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Testemuñas da pandemia: Sama, adestrador de baloncesto

Por 26 Maio, 2020Sin comentarios

O adestrador de baloncesto ribadense Sama tivo que parar a súa actividade xa o 11 de marzo, xusto antes do estado de alarma, cando a Federación Galega anunciou, xunto ás do resto de deportes, a suspensión provisional da Liga. Malia que, como relata, ao primeiro houbo dúbidas de se seguirían os adestramentos, finalmente estes foron tamén suspendidos cando se anularon as actividades extraescolares e deportivas.

Como adestrador de equipos en diferentes categorías e idades, aínda non teñen moi claro o que vai pasar “estamos á espera de que se faga oficial o que vai pasar. As clases como as coñecemos non volverán este curso, pero quedan aínda incógnitas”.

Sama explicou que o club a partir do 30 de xuño non ten previsto facer nada, e ademais dependen do que fagan os concellos xa que as instalacións deportivas están pechadas.

Explica que na Federación fixeron unhas consultas entre os diferentes clubs e adestradores para saber si xa daban por finalizadas as competicións ou se continuaba ata o 30 de xuño. “Trala rolda de consultas estamos á espera da decisión oficial xa que polo de pronto o deporte escolar, o de 6 a 16 anos, non volverá ata setembro e en júnior e sénior é a Federación a que decide.

En relación cos seus pequenos, os adestradores enviaron aos seus unhas pequenas rutinas para que podan ir facendo mantemento físico polo menos.

“Todos os adestradores estamos preocupados polo verán e as actividades que se fan todos os anos. Levamos dende hai tres meses falando e aínda non se fixo nada”, conclúe.