Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz retomará os exames teóricos de conducir

Por 27 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz retomará a partir do día 2 de xuño os exames teóricos de condución sempre e cando a comunidade galega pase a fase 2 xa que poderase reaunudar o traballo das autoescolas. Os exames prácticos poderían comezar tamén en xuño.

As probas prácticas e teóricas realízanse nas instalacións ubicadas en Marzán, que ademais foron desinfectadas polo Concello a semana pasada.

O número e a ubicación na aula de cada alumno será fixada ao igual que as distancias de seguridade, e tamén contarán con xel hidroalcohólico e unha sala de espera para evitar aglomeracións.

Este ano e para evitar o parón destes dous meses as probas realizaránse tamén en xullo e agosto.