Skip to main content

A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia e o artesán , que reside en Mondoñedo, fala con moito agarimo da súa paixón por elas.

Lembra que nunha festa da escola viu aos gaiteiros é dixolle ao seu avó que iso era ao que se quería adicar, e así comezou a súa viaxe por este oficio.

No seu paso polo Obradoiro Escola de Instrumentos Musicais Populares Galegos da Universidade Popular de Vigo puido apañar un libriño didáctico sobre palletas e pallóns que tiña Antón Corral, e el só na casa comezou a construír.

Na gaita, o pallón é a lámina que xera o son dos bordóns e poden ser de cana ou sintético, el recuperou un modelo de pallón para a súa elaboración e agora “estou desenvolvendo un pero sintético e en breve estará funcionando”.

Rubén Carrera é un home autodidacta que lembra os primeiros coqueteos con este oficio como se fora hoxe, aínda que xa pasaron uns cantos anos, “foi no 87 cando pasaba a primeira vez pola Universidade Popular”.

Pasaron casi vinte anos sen tocar a gaita e fai case 3 retomou a súa paixón gracias a seu colega Marcos Campos, alumno de Carlos Núñez e tamén compañeiro de aqueles tempos en Xarabal, a banda de música da universidade.

Dende que comenzou nesta andaina o primeiro que fixo foi participar nas feiras para darse a coñecer, aínda que recoñece que a calidade estética non era a mellor, máis comezou a visitar festivais e feiras de artesanía como as de Ortigueira e Pardiñas, que son as que con máis cariño lembra.

Tamén está pendente do que pase coa crise sanitaria xa que ten feiras pendentes como “en Mallorca e o País Vasco teño cursos e feiras que se farán a finais de ano”.

Este maestro palleteiro afirma que o proceso de creación non foi doado, comenta que como autodidacta tivo que aprender polos seus propios medios. “Todos os días estou aprendendo, e aínda cun manual é moi complicado este traballo”.

Estase a reinventar el só e non se agobia xa que “a miña vida anterior era moi estresante e tirei por este sector para cambiar de aires xa que isto precisa de moita tranquilidade e paciencia”, como di, “isto non é para calquera”.

Tamén recoñece o labor dos seus mestres Benigno Méndez, compositor do pasodobre, a Nazario González e a Antón Corral, “sen eles tampouco sería quen son”, pero di con moita forza o que lle dixo un artesán, “o palleteiro faise cos anos”.

Neste tempo de illamento pola pandemia do coronavirus non se quedou atrás e estivo ofrecendo un obradoiro on line de empalletado no que participaron máis de 50 persoas de países como Arxentina, Brasil, Mexico, Estados Unidos, Portugal, Francia e tamén de comunidades como Baleares, Cataluña, Valencia, Aragón, Euskadi, Madrid, Castela León e Galicia.

Esta actividade didáctica sobre empalletado foi unha opotunidade para compartir experiencias no eido do mundo da gaita.