O Concello de Viveiro pon en marcha unha campaña online para activar o turismo

O Concello de Viveiro lanzou unha campaña en redes sociais para dar a coñecerse a nivel nacional como un destino seguro. Para isto contou coa axencia de márketing dixital de Lugo estati. co que realizou un anuncios e varias creatividades baixo o slogan Asómate a Viveiro.

A idea da campaña é mostrar os espazos abertos e as diferentes posibilidades de turismo seguro que ofrece o Concello de Viveiro para gozar sen problemas dunha estancia este verán.

O anuncio e nas imaxes que acompañan a campaña suxiren as distintas posibilidades que ofrece Viveiro tanto se se viaxa en familia, en parella ou só; as diferentes opcións de aloxamento, desde hoteis de 5 estrelas a casas rurais pasando por apartamentos individuais; e as diversas opcións de turismo que ofrece un municipio como Viveiro: natureza, praias, historia ou gasrtonomía

Para a voz do anuncio contouse coa actriz lucense da Mariña, Rosalía Castro, que participou en series como Serramoura ou O Comisario e obtivo o Permio a Mellor Actriz no OUFF de Ourense 2018 polo seu traballo en Mouras.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: