Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Viveiro pide colocar urxentemente quitamedos na CP-6502

Por 30 Maio, 2020Sin comentarios

A portavoz municipal do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, volve instar ao presidente da Deputación de Lugo José Tomé Roca a actuar con urxencia na estrada de titularidade provincial CP-6502 que atravesa a parroquia viveirense de Chavín e conecta este concello cos concellos de Vilalba, Muras e Ourol, como xa fixeran no pasado mes de febreiro. Un víal, denuncia Míriam: “estreito, de curvas perigosas sen visibilidade, que non conta con beiravías nin arcéns, cun firme en mal estado e intransitábel en varios tramos. Un vial, cuxa perigosidade se agrava ao carecer nas súas marxes de elementos de protección para @s condutores que circulan por esta estrada na que se atopan con pendentes e barrancos pronunciados en varios puntos do seu trazado.”

Os nacionalistas urxen á Deputación de Lugo para que a Área de Xestión Territorial do ente provincial leve a cabo a instalación de barreiras de protección na estrada de titularidade provincial CP-6502, na zona coñecida como A Maraleixa, posto que nas ultimas semanas viñeron facéndose traballos de tala de masa árborea nesta zona, onde as árbores que estaban nas marxes da estrada provincial e que servían de elemento natural de contención para os vehículos foron talados, co consecuente perigo engadido que supón para a veciñanza circular por esta estrada a diario sen contar con ningún elemento de contención nin barreira de protección, alertou a portavoz nacionalista.

Desde o BNG de Viveiro demandan tamén a renovación e colocación destas barreiras de protección e seguridade en todos aqueles tramos perigosos das estradas de titularidade provincial estradas que discurren polo termo municipal de Viveiro, que tamén remitirna en febreiro á Deputacion (2604, 2610,3810, 6412, 6601, 6602, 6603, 6604, 6605, 6606, 6607, 6608, 6610, 6611, 6612 e 6613) e ademais que as barreiras de protección que se empreguen inclúa unha barreira de seguridade especial para motoristas e ciclistas co obxecto de reforzar a seguridade destes colectivos vulnerábeis, axudando a reducir a gravidade das lesións e evitae as posíbeis amputacións ou lesións medulares que podan sufrir en caso de accidente.