Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Testemuñas da pandemia: Carmela, Concelleira de Burela

Por 30 Maio, 2020Sin comentarios

Os nenos de Burela recibiron unhas máscaras de tea nas súas casas como iniciativa dun taller popular e veciñal coordinado polo Concello.

A edil de Servizos Sociais, Carmela López, foi a encargada de coordinar este taller popular de confección de máscaras. Ata o momento levan repartidas 4.500 nas empresas locais para abastecer ás mesmas dende a declaración do estado de alarma e agora están a facer máscaras para os nenos.

As teas son doazóns tanto de particulares que aportaron as sabas de algodón brancas que tiñan na casa, as mercerías do pobo, e a maiores o Concello mercou máis material. “Neste proxecto estiveron traballando 50 costureiras e un tapiceiro de Riocobo”, di López.

Carmela López dixo que “hai 916 nenos empadroados en Burela que recibiron unha máscara de tea no seu fogar por correo postal. O Concello mercou teas de cores, de algodón 100%, con motivos infantís e xuvenís, para a confección destas máscaras”.

As cartas nas que se enviaron aos domicilios foron acompañadas cunhas pequenas instruccións de como se deben usar e co hastag que elaboraron para esta campaña Eu protéxote a ti. Carmela López agarda que lles gusten xa que “son máscaras feitas co corazón”.

A concelleira de Servizos Sociais manifestou que “xa se comezan a vender máscaras hixiénicas para menores, pero esta ten un valor sentimental engadido, xa que se trata de parte do traballo deste grupo de persoas que levan máis dun mes cosendo nas súas casas e chegarán cunha mensaxe de ánimo e de noraboa polo seu comportamento exemplar durante a situación que lles tocou vivir aos nosos pequenos”.