Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O rexedor cervense di que “ao Goberno non lle levaría máis dun minuto salvar a comarca”

Por 31 Maio, 2020Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, apunta que se ben aínda hai marxe para reverter o anuncio dos despedimentos por parte da multinacional Alcoa, “unha vez activada a bomba o Goberno do Estado ten que actuar con carácter inmediato e sen medias tintas, seguindo o camiño que considere oportuno, pero garantindo que o aluminio se siga a producir na Mariña”.

Levamos máis de ano e medio –precisou- pendíndolle desde os diferentes estamentos , desde o Comité de Empresa, desde as Administracións locais e Autonómicas, que aprobe ese estatuto que garanta un prezo da enerxía que permita que a nosa empresa sexa
competitiva no marco europeo; “non lle levaría máis dun minuto tomar a decisión de salvar a nosa comarca; se quere pode”.
Villares subliñou que a axuda que precisa esta zona por parte do Estado, vese amortizada con creces, xa que a riqueza que xera a empresa do alumino quintuplica o investimento que é necesario para que sexa competitiva.

O alcalde recordou que vai uns anos nesta zona se fixo un investimento público de calado para poder introducir o gas, e que produción do aluminio fose medioambientalmente máis sustentable. Polo que o discurso do Goberno da contaminación é un enredo. “o alumnio como materia prima fundamental que é, se non se produce aquí, vaise producir noutro lugar do planeta, e seguramente con políticas medioambientais menos rigorosas, polo que o impacto será moito maior que nun país desenvolvido como o noso”.

O rexedor puxo en valor o “capital humano da nosa empresa do aluminio, que foi renovado vai moi poucos anos, hai moita xente nova traballando nesa fábrica, “que non se produza aluminio aquí é un escenario terrible que non queremos nin imaxinar e que levaría á Comarca ao despoboamento, ademais”; non podemos desperdiciar tal capital de tecnoloxía e de traballo”.