Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Veciños da Mariña manifestáronse por Alcoa

Por 31 Maio, 2020Sin comentarios

Veciños da Mariña manifestáronse hoxe en Ribadeo para reclamar “a intervención” da empresa cervense Alcoa e evitar así o despedimento, anunciado o xoves polo presidente, de máis de 534 traballadores directos.

O presidente do comité de empresa asegurou que foron unhas 8.000 persoas as que secundaron esta protesta n a Ponte dos Santos, unión da A8 entre Galicia e Asturias.

Esta foi a primeira gran mobilización das que que están a preparar antes de que se reunan o mércores co Ministerio de Industria, e nela queimaron neumáticos nunha gran barricada.

Na mobilización os traballadores manifestaronse ao ritmo de diferentes canticos, pero o máis repetido foi “Pedrito, échale huevos”.

Pola súa banda o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, referiuse á situación de Alcoa na súa comparencencia en Moncloa, “o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo está a falar coa empresa. É un tema recorrente nestes dous anos que levo á fronte do Goberno e, en consecuencia, o que estamos a tentar é garantir os empregos e a perdurabilidad desta importante industria no noso país”, dixo o presidente do Goberno.

Deputación de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, manifestou o total apoio ás reivindicacións da Mancomunidade de Municipios da Mariña para manter os empregos da planta de Alcoa en San Cibrao recollidas nunha declaración institucional.

O contido do documento asinado polos alcaldes e alcaldesas e demais representantes da entidade mariñana está en plena consonancia coa postura manifestada polo propio Presidente dende o propio día no que a dirección da factoría anunciou o despido colectivo de 534 traballadores.

Así mesmo, o presidente ve positivo que o Ministerio de Industria obrigue á empresa a devolver axudas públicas se aplica os despidos, unha medida que o propio José Tomé pediu que se estudiase. “Se dan ese paso, polo menos que non lles saia  gratis”, asegurou.

A Deputación rexeita as pretensións de Alcoa e reitera que estará, coma sempre, cos traballadores e coas traballadoras, e cos concellos da comarca da Mariña para reivindicar o futuro dos veciños e das veciñas da Mariña e do conxunto da provincia de Lugo”.

O presidente esixiu á Xunta que tome “dunha vez medidas e exerza as competencias que ten atribuídas de maneira exclusiva en materia de industria polo Estatuto de Autonomía”. “Acabáronse as fotos baleiras de contido. É hora de poñer enriba da mesa os intereses de Galicia, que son os mesmos que os da provincia de Lugo, os dos traballadores e os dos concellos”.

“O presidente de Xunta, o señor Feijóo”, recalcou José Tomé, “debe tomar exemplo do Goberno vasco e apoiar con fondos do IGAPE, por exemplo,as empresas estratéxicas do noso país”.

Polo que respecta ao Goberno de España, o Presidente reafirmou a necesidade dun  regulamento electrointensivo que permita ás empresas que operen en España ter unhas condicións semellantes ao resto de Europa.

Así mesmo, plantexou ao Goberno de España que “estudie a posibilidade de entrar no accionariado deste tipo de empresas, como o están facendo outros países europeos como Francia ou Alemaña, que están reforzando un sector público de empresas estratéxicas”.