As agrupacións de atención temperá reciben unha axuda

A Consellería de Política Social vén de conceder axudas por importe de 378.819 euros para financiar seis unidades de atención temperá na provincia de Lugo, tres delas de nova creación.

Na provincia de Lugo, destínanse axudas para consolidar outras tres unidades que viñan funcionando: a formada por Burela e Viveiro e a constituída por Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto e Trabada, ademais da agrupación de concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso.

As unidades de atención temperá son fundamentais para identificar e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade. O Goberno galego segue a apostar por este modelo baseado na prevención, a identificación e o tratamento precoz para dar resposta ás necesidades específicas que poidan presentar estes menores.

Cada unidade conta cun equipo interdisciplinar formado por un mínimo de tres profesionais de entre os seguintes graos: pedagoxía, psicopedagoxía, psicoloxía, logopedia, educación social, traballo social, maxisterio, enfermaría, terapia ocupacional, fisioterapia e medicina. Ademais, trátase de persoal que debe de estar especializado en desenvolvemento infantil e atención temperá.

A resolución foi publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia. Así, a agrupación de Burela e Viveiro recibirá 103.019 euros, e a de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto e Trabada 110.918 euros.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: