O Praias de Barreiros C.D. comunicou a desaparición do club

O Praias de Barreiros C.D. comunicou a máis que posible desaparición do clube tras 6 anos de historia.

A situación vén prococada pola delicada situación económica que vive o club, “consecuencia da falta de compromiso e apoio por parte do Concello de Barreiros”, din.

O pasado 29 de maio finalizou a tempada das Escolas Deportivas e o contrato que tiña o club co Concello, incluíso o do Ximnasio municipal e dende a se do club tentaron chegar a un acordo co Concello, pero “as condicións propostas polo equipo de Goberno non garanten a viabilidade do proxecto”, e por iso a xunta directiva do Praia de Barreiros decidiu non continuar.

Este club chegou a acoller a máis de 200 deportistas na actualidade, equipo sénior de fútbol sala masculino e feminino, equipo de atletismo, de fútbol sala cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberon, tres equipos de patinaxe, clases na piscina de Foz e a ximnasia de mantemento e aerobic para maiores en Cabarcos, San Miguel e San Cosme.

A xunta directiva di que “o club foi medrando e adatándose ás necesidade ata converterse nun referente para a mocidade do Concello”.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: