Esta semana comezaron os labores de retirada das luminarias deterioradas no paseo marítimo do Concello de Barreiros.
Estas levaban anos estropeadas en moitos puntos do paseo.
Os paseos entre Remior e o San Bartolo xa aparecen libres delas, grazas ao traballo realizado da empresa pública Tragsa, ao servizo de Costas.
Nesta semana comezaranse tamén a executar os traballos de preparación dos areais de cara á tempada de verán.