Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro reanuda o proceso selectivo para incorporar a dous administrativos

Por 2 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro reanuda este semana o proceso selectivo para incorporar a dous administrativos durante un periodo de seis meses, unha convocatoria que quedou paralizada polo estado de alarma.

No BOP do 12 de marzo de 2020 publicouse a convocatoria do Concello de Viveiro para o proceso selectivo destes dous administrativos por acumulación de tarefas, para a súa contratación por un periodo de 6 meses. 

Nas bases da convocatoria establecíase que o prazo de presentación de solicitudes sería de 5 hábiles a contar dende o día seguinte ao da súa publicación do boletín oficial, polo que este prazo comezou o 13 de marzo, quedando interrompido tras a declaración do estado de alarma. 

Tendo en conta o levantamento da suspensión dos prazos administrativos, con efectos dende o día de onte, todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo poden presentar ás súas solicitudes dende o día de onte, 1 de xuño, ata o vindeiro xoves, 4 de xuño (ambos os dous incluídos).