Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Nova manifestación de Alcoa mentres o Goberno busca compradores

Por 4 Xuño, 2020Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao acordou co secretario xeral de Industria, Raul Blanco, abrir a mesa multisectorial con presenza do Goberno, a Xunta, a empresa e os traballadores “para buscar unha solución entre todas as administracións”.

O comité de traballadores de Alcoa San Cibrao convoca para este domingo día 7 a unha gran mobilización en Viveiro, que sairá ás 11.30 horas da Cruz Vermella e dará a volta á variante para terminar na praza Pastor Díaz.

Os traballadores vestirán a súa roupa de traballo e ao demais participantes pídenlles que vistan de negro para simbolizar o loito que quedaría na Mariña”.

 

GOBERNO

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dixo este mércores na sesión de control do Congreso dos Deputados que están a buscar investidores para salvar a planta de Alcoa.

O deputado do BNG, Néstor Rego, preguntou sobre as medidas que adoptará o Goberno para afrontar esta cris, o presidente Pedro Sánchez manifestou que o seu gabinete está a impulsar o diálogo coa dirección de Alcoa en España.

Sánchez explicou que nos dous anos que leva ao fronte do Estado tratou de resolver os problemas da política industrial e indicou que o “seu gabinete tutelou o proceso de vendas das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, e logrou evitar o peche e o despedimento dos traballadores”.