Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove prepara unha marcha reivindicativa a favor de Alcoa

Por 4 Xuño, 2020Sin comentarios

O comercio e as empresas do Concello de Xove animan a toda a Mariña, e por suposto a todos os que queiran acudir independientemente de onde sexan, a asistir a unha marcha reivindicativa a favor da continuidade da industria do aluminio como principal motor económico da comarca.

Un importantísimo porcentaxe da nosa poboación vive, directa ou indirectamente, do sector do aluminio, por iso a importancia que ten para todos os veciños a continuidade da súa producción.

A convocatoria é para sábado 6 de xuño e terá saída ás 13.00 horas dnede a entrada de Xove, á altura de Establecementos Rey e discorrirá pola avenida Deputación en dirección á Burela ata chegar á rotonda de Beltrán na estrada LU-862. 

Previamente, sobre as 12.50 horas, un nutrido grupo de vehículos de empresas establecidas en Xove van sair dende o Polígono Industrial de Camba ata chegar ao inicio da marcha, á cal van acompañar ata o final.

A organización pide que tódolos participantes vaian vestido de negro, ou que polo menos leven unha camisa ou camiseta de cor negro.

En canto ao tráfico, durante a duración da  marcha vaise cortar o tramo da estrada LU-862 dende a rotonda de Parceiros ata a rotonda de Beltrán, en ámbalos dous sentidos.