Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Valadouro aproba destinar 100.000 euros a axudas ao pago da factura da luz

Por 5 Xuño, 2020Sin comentarios

O concello do Valadouro aprobou no Pleno celebrado este martes 2 de xuño, as bases da Convocatoria de Axudas ao Pago da Factura do Suministro Eléctrico. Esta reivindicación dos nacionalistas que xa a plasmaran no seu programa electoral víu por fin a luz despois de varios plenos de debate ao respecto, conseguindo a unanimidade da corporación no pleno extraordinario do  2 de xuño donde xa todos os grupos se pronunciaron a favor da proposta do BNG de engadir 100.000 euros ao Suplemento de Crédito para consignalos na partida de gastos 231-48  co fin de axudar ao pago da factura da luz ás familias do Valadouro.

Axudas por unidade familiar e en función da renda e o consumo

No pleno celebrado o 2 de xuño, a corporación respaldou tamén unánimemente a proposta nacionalista para as mencionadas bases que rexirán estas axudas que tenen un límite de 600 euros por unidade familiar, no caso do 100% do consumo para rendas anuais de unidade familiar menores de 11.000 euros, sendo de 500 euros ata o 90% do consumo para unha renda anual de unidade familiar comprendida entre 11.001 euros e 15.000 euros, e 300 euros nos caso de ata o 80% do consumo e para as rendas anuais das unidades familiares comprendidas entre 15.001 euros e 22.000 euros.

Garantir a calidade de vida e o benestar

Según manifestou o portavoz municipal do Bng, Eduardo Chao, os obxectivos estratéxicos  destas axudas son entre outros, combatir a pobreza, e neste caso a derivada dos abusivos prezos da enerxía, garantir a calidade de vida e de benestar de todos os veciños do Concello de O Valadouro, fomentando o asentamento de veciños no Concello. “E non é algo puntual para este ano só, esta liña de axudas temos que mantela de aquí en diante, nos vindeiros anos”, afirmou.

Chao referíuse tamén á importancia que estas axudas van ter para compensar a xeración de riqueza a través dos nosos recursos naturais explotados por empresas con sedes fiscais fóra do noso territorio e tamén para compensar o impacto medioambiental na zona dos parques eólicos. “Ainda que temos ingresos como contraprestación á instalación de aeroxeradores no noso Concello a través do Fondo de Compensación Ambiental, esas cantidades son irrisorias comparado cos beneficios que se levan de aquí as eléctricas, e nós queremos que os beneficios redunden en favor da veciñanza que actualmente está pasando por moitos problemas” manifestou.

Tarifa Eléctrica Galega

O tamén concelleiro nacionalista Eliseo Teijeiro explicou o que supón esto mesmo en términos políticos, pois o BNG leva tempo reclamando que os beneficios da enerxía que produce o noso vento repercutan en beneficio das veciñas e veciños dos territorios donde se produce a enerxía. “Medidas coma a implantación dunha Tarifa Eléctrica Galega son  urxentes e necesarias, tal como estamos a ver cando as empresas, tanto as pequenas consumidoras como as grandes consumidoras tenen problemas polo elevado prezo da enerxia”, afirmou. 

Referíuse tamén Eliseo Teijeiro á escandalosa suba do recibo da luz na última década, case o 80% para os consumidores finais, suba consentida polos diferentes gobernos do Estado, “por eso ante a impasibilidade do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza para que o noso país teña unha tarifa eléctrica mais barata como produtores que somos de enerxía, nós non nos resignamos ante esta aldraxe e aquí no Valadouro, e desde o BNG cumplimos a nosa palabra, ao igual que fixo o BNG tamén no veciño Concello de Muras con medidas semellantes a esta”, concluíu.