Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Veciños da Mariña piden apoiar Alcoa e asegurar os postos de traballo

Por 5 Xuño, 2020Sin comentarios

Veciños da Mariña abriron unha petición na plataforma change.org para pedir ao Ministerio de Industria que interveña a fábrica de Alcoa para poder asegurar os postos de traballo de todos os traballadores da planta.

As instalacións da fábrica de aluminio que existe en San Cibrao son únicas en España e Europa, son a base da economía dunhas 100.000 persoas e facturan un terzo do PIB de Lugo. Con todo a súa continuidade está en perigo.

A empresa multinacional responsable da planta anunciou un proceso de reforma que pode acabar con máis de 500 postos de traballos directos e indirectos da fábrica. Alí traballan máis de 2000 persoas en postos directos e indirectos. A planta é das máis eficientes do seu grupo e pecha porque a tarifa eléctrica é cara en España en comparación con países da nosa contorna.

A zona da Mariña, onde se atopa a planta, depende en gran parte da produción da mesma, miles de persoas teñen unha vida grazas a esta planta. A destrución de tantos postos de traballo traería unha situación límite á economía dos arredores, moito máis grande proporcionalmente do que supoñería noutras zonas máis industrializadas do Estado.

“Supón o afundimento da economía dunha comarca enteira e doutras empresas dedicadas ao comercio, servizos e outros sectores que forman a actividade económica de toda a zona así como da dos seus traballadores e familias, na súa maioría novas e de mediana idade”, relatan en change.org.

Moitos dos traballadores cuxos postos de perigan, e os que non, xa se lanzaron a protestar para conseguir unha solución distinta ao despedimento que permita manter o pan de máis de 500 familias.

“Esta mesma empresa recibe subvencións do Estado, polo que se debe priorizar a continuidade dos postos de traballos á maximización dos beneficios da empresa, necesitan que o Goberno lles escoite e tome medidas canto antes”, conclúe.

Para firmar a petición https://www.change.org/p/salvemos-las-instalaciones-de-alcoa-en-lugo