Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Barreiros saca a licitación unha caseta de información ao visitante

Por 7 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Barreiros sacou a licitación a concesión do uso privativo do dominio e uso público municipal para a explotación e mantenimiento dunha caseta para información ao visitante e promoción de productos artesáns.

Esta licitación está publicado no BOB Lugo do xoves 4 de xuño.

O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais, é dicir, ata o 15 de xuño inclusive.

Deberase presentar no Rexistro xeral do Concello de Barreiros e tamén poderán remitirse por correos, pero nese caso deberán enviar, antes de que finalice o prazo de presentación de ofertas, un fax co xustificante do envío por correo.

Os pregos e os modelos de documentos a presentar están íntegramente publicados na sede electrónica do concello https://barreiros.sedelectronica.es, (no apartado tablón de anuncios), no taboleiro de anuncios físico do concello e na páxina web municipal www.concellodebarreiros.gal.

Calquera dúbida poden contactar con secretaría en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres no Concello, telefónicamente 982 124 002 ou no correo electrónico secretaria@concellodebarreiros.gal

O emprazamento da caseta será na explanada do paseo marítimo ubicada na baixada da praia de Arealonga en Santiago de Reinante, conta cunha superficie de 20 metros cadrados, dúas casetas, e deberán empregararse as casetas de titularidade municipal existentes.