Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Concellaría de Cultura de Alfoz prepara un curso sobre o uso do móbil

Por 8 Xuño, 2020Sin comentarios

A Concellaría de Cultura de Alfoz está traballando para ofrecer alternativas culturais como música e teatro e que sexan compatibles coas medidas de seguridade establecidas, ao igual que a Concellalía de Igualdade. A partir do mes de xullo levaranse a cabo distintas actividades de ocio e cultura para recuperar pouco a pouco a nosa vida cotiá.

Xa en xullo terán un curso de uso do móbil en grupos reducidos para unha atención personalizada e será gratuito para veciños de Alfoz.

A inscripción está aberta ata finais de xuño chamando ao Concello de Alfoz coa previsión de empezar a impartilos a partir de xullo nos distintos locais sociais das parroquias en función da demanda.