Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Retomáronse as clases na Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo

Por 8 Xuño, 2020Sin comentarios

O vindeiro mércores 3 de xuño retomáronse as clases presenciais na Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo.

As clases serán de xeito voluntario, individial ou con grupos moi reducidos. Comezarase coas clases individuais de instrumento dos alumnos a partir de 10 anos de idade, as colectivas retomaranse paulatinamente no momento no que teñan a seguridade de poder cumprir co protocolo sanitario con total garantía.

As instalacións foron desinfectadas e limpadas de xeito convinte, comezando polas zonas que van a ser utilizadas proximamente: as de acceso ao centro, o vestíbulo e escaleiras, o despacho e aulas, os aseos.

Tamén contan con instalación de rede de fibra óptica para proporcionar unha boa sinal de internet en todas as aulas do centro a fin de que os docentes podan seguir coas clases por videoconferencia.

Os docentes e usuarios terán o material de protección individual para poder permanecer nas instalacións do centro con todas as garantías sanitarias precisas. Os horarios serán modificados para evitar que se produzan situacións de confluencia.