Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Alcoa convoca de novo ao comité de empresa o luns 15

Por 10 Xuño, 2020Sin comentarios

O comite de empresa e os directivos de Alcoa mantiveron hoxe unha nova reunión baseada no proceso de consulta informal que se iniciou o pasado 28 de maio, antes do anuncio do despedimento de 534 traballadores.

O día 18 cumpriranse as tres semanas dadas pola empresa para o período informal de consulta. Para o día 17 haberá unha nova reunión e a multinacional estadounidense volverá convocar ao comité para os vindeiros días 15, 16 e 17 de xuño para acelerar o proceso e poder “discutir alternativas” antes de iniciar un período de consulta formal, a cal levaría ao ERE aos 534 empregados de Alcoa e auxiliares.

Aínda que dende Alcoa non se tomou ningunha decisión e según eles “non se tomará ata que finalicen as consultas”, comunicaron ao Goberno a situación insostible pola que atraviesa debido ao marco enerxético actual e a sobrecapacidade global do aluminio o que fai necesario tomar medidas para frear as pérdidas.

O presidente do comite de empresa, José Antonio Zan, saiu “decepcionado” da reunión e dixo que “viu un pouco intransixente a empresa, tivemos que levar unha orde do día para debatir as cousas, tivemos que dar tres datas diferentes para a vindeira reunión….”

“Alcoa no se move da posición e non queren falar do tema esencial que é o marco enerxético, que según di o Goberno xa ten un que será viable e cun prezo competitivo”, comentou Zan.

A primeiros de xuño o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dixo que estabán a buscar investidores para salvar a planta de Alcoa e indicou que o “seu gabinete tutelou o proceso de vendas das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, e logrou evitar o peche e o despedimento dos traballadores”.

Tamén Alibérico, o primeiro grupo de aluminio español de iniciativa privada, mostrou a pasada semana interese en que a planta de cervense esquive o peche.

Pola súa banda o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosouse “sumamente preocupado” ante o devir dos acontecementos en relación ao anuncio de peche da fábrica de aluminio por parte da multinacional Alcoa.

Villares apuntou que as informacións que foron transcendendo nos últimos días “énchennos de maior incerteza se cabe, pero non podemos deixar de perder a esperanza”. O único que queremos –engade- é que se siga a producir aluminio na Mariña, con independencia da empresa que estea, e a solución segue a ser a mesma que levamos reclamando todos –sindicatos, cidadanía, administracións- este último ano e medio: un estatuto que garanta un prezo da enerxía que faga que a nosa industria sexa competitiva no marco europeo.