Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Vicedo contará cun novo parque infantil interior cuberto

Por 11 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello do Vicedo contará cun novo parque infantil cuberto gracias a concesión dunha subvención de case 34.000 euros da Xunta de Galicia.

Dito parque infantil atoparase no edificio multiusos, onde tamén se atopa o punto de atención a infancia.

O alcalde, Jesús Novo, informou que este parque servirá para que os nenos dispoñan dun lugar onde xogar durante o inverno a cuberto.

Ademais dos 33.816 euros cos que axuda o Goberno galego, o Concello completará os 48.308 euros que supoñen o proxecto total.