Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz renova o alumeado da rúa Eduardo Pondal

Por 12 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz está procedendo á renovación do alumeado da rúa Eduardo Pondal, obra que conta cun orzamento de 47.884,46 euros, con cargo ao Plan Único 2019. 

O alcalde, Fran Cajoto, explica que esta actuación “consiste na retirada das 15 farolas existentes e na instalación de 23 novos puntos de luz con tecnoloxía led, o que incidirá nunha maior luminosidade da rúa e un moi considerable aforro enerxético. Esta reivindicación parte da Asociación de Veciños Amodiño, que desenvolve unha gran labor neste barrio. Ademais de peticións ao Concello, coma neste caso, Amodiño leva a cabo moitas iniciativas ao longo do ano, como a decoración da rúa nas festas de Nadal, iniciativas polas cales lles debemos estar ben agradecidos”.

O rexedor municipal engade que na rúa Eduardo Pondal “ademais dos puntos de luz, instalarase un novo cableado en toda a rúa, novos báculos de farolas e renovarase a canalización eléctrica naqueles puntos que o precisen. A previsión é que as obras rematen neste mes de xuño”.

Fran Cajoto rematou anunciando que “estamos traballando noutros proxectos para pouco a pouco ir renovando e mellorando infraestruturas en todo o concello”.