Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Foz carga contra o alcalde polas obras de Eduardo Pondal

Por 13 Xuño, 2020Sin comentarios

O PP de Foz carga de novo sobre as obras que o alcalde, Fran Cajoto, está a facer na rúa Eduardo Pondal.

Estas obras de renovación do alumeado da rúa contan cun orzamento de 47.884,46 euros, con cargo ao Plan Único 2019. Pero dende o Grupo Popular focego din que esas obras “foron pactadas polo anterior Goberno cos veciños e xestionadas no Plan Único e que levan case que un ano de retraso”.

Engaden que “levan esperando dende marzo 2019 que as solicitou o anterior Goberno popular e non entenden a demora”.