Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Bítere, de Barreiros, abre o prazo para a matrículación

Por 14 Xuño, 2020Sin comentarios

A Escola Infantil Municipal de Barreiros, O Bítere,vén de comunicar que o prazo para a presentación das solicitudes de matrícula serán do 15 ao 30 de xuño.

Tendo en conta as circunstancias destes meses de confinamento derivados da crise sanitaria do COVID-19 e a declaración do estado de alarma que suspendeu os prazos administrativos dente o 14 de marzo ata o 1 de xuño de 2020, non foi posible seguir as datas habituais de presentación de documentación de matrícula na Escola Infantil Municipal para o curso 2020-2021.

Unha vez que, o día 1 de xuño se retomaron os prazos administrativos, a xunta de Goberno local acorda fixar unhas novas datas para a presentación das solicitudes de matrícula para o ano 2020-2021, para todos aqueles que non teñan reserva de praza xa, conforme á normativa aplicable.

Para calquer dúbida e cita previa no teléfono 982 124 407 de 9.30 a 14.30