Skip to main content
AMARIÑAXA

Razóns máis frecuentes polas que non perdemos peso

Por 15 Xuño, 2020Sin comentarios

Por Noel López Pinín

Como sempre que nos é posible, adoitamos esclarecer dúbidas cos nosos coñecementos, e axudar así a toda persoa que sexa posible.

As persoas con obesidade ou sobrepeso están na procura constante de métodos para baixar de peso. Neste sentido, una boa alimentación e una rutina de exercicios son esencias para logralo. Non obstante, non son os únicos esforzos que se deben realizar, xa que existen outros factores que dificultan alcanzar o peso idóneo.

É moi frecuente, que á nosa consulta cheguen pacientes con creencias erróneas, pensando que a única solución está na inxesta calórica, pero é importante ter en conta que o noso corpo é mais complexo e necesitamos coñecelo para aportarlle todo o que necesita.

Consumir mais calorías das que se gastan, é una causa moi estendida na poboación, e dificultan esa baixada tan buscada, incluso con dietas moi saudables. Non hai que esquecer que para ver baixar os quilos na báscula, é fundamental reducir o consumo calórico e aumentar o gasto enerxético, pero sempre mantendo o equilibrio.

Un dos principais motivos é unha mala hidratación. Para que o corpo estea en equilibrio e responda as dietas é necesario beber entre 2-3L de auga o día. A auga é fundamental para o correcto funcionamento do organismo, así como dos sistemas de desintoxicación e limpeza. Non esquezamos, que o 65% do noso corpo está composto por este líquido, este dato danos unha idea da sua relevancia.

Outro factor que tamén pode influír negativamente é a falta de descanso. Cando durmimos o noso corpo aproveita para “reiniciarse”. Se isto non ocorre, elévanse os niveis de cortisol, que é a hormona do estrés, como consecuencia redúcense os niveles de leptina, que é a hormona reguladora da saciedade e polo tanto hai maior tendencia a fame e consumir alimentos que proporcionen enerxía de maneira mais rápida, como poden ser os doces, pans ou fariñas refinadas.

Asociada a falta de descanso, podemos engadir o estres continuo o que está sometido a nosa sociedade no día a día, e para o cal o noso corpo non está deseñado. Isto provoca alteracións no sistema hormonal, así como nos niveis de insulina e como consecuencia da glicosa. Para manter o ritmo, o corpo require mais enerxía a cal, por norma xeral, estamos a quitarlla as funcións vitais, derivando así nun desaxuste xeral. Acabamos comendo calquera cousa que nos proporcione esa enerxía inmediata que necesitamos. Que adoita ser? pois volvemos o punto anterior, tema doces, pans, fariñas.en xeral alimentos con alto índice glicémico que poidamos absorber dun xeito rápido.

Ademais dos factores xa nomeados, en ocasión encontramos outros que son axeos a nos mesmos, como pode ser una patoloxía ou un trastorno hormonal. En consulta, a moitos pacientes adoitamos pedirlles una analítica completa para ver si existe algunha alteración ou desaxuste. Vemos que en ocasións un paciente non perde peso a pesar de seguir as pautas correctas, así que hai que intentar buscar a causa mais probable. Atopamos entón  con problemas tiroideos non diagnosticados, descontrol nos estróxenos (hormonas femininas), falta de vitamina D ou outros valores que si son importantes para a perda de peso. Isto serve para que o paciente sexa derivado o especialista axeitado e incluso para remodelar a dieta e orientala de forma correcta.

Como último motivo, aínda que pareza obvio, é poñerse nas mans de profesionais axeitados. Cada día, chégannos a consulta pacientes derivados de outros dietistas ou nutricionistas, esgotados de probar dietas e dietas sen resultado algún. Dámonos conta entón, que simplemente non estaban correctamente asesorados.

É posible a perda de peso, inclusive con todos estes problemas, a clave está sempre, en poñerse en mans do profesional axeitado.