Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Rematada a obra de acondicionamentoda pista de Ventoselle a Cortellos en Xove

Por 15 Xuño, 2020Sin comentarios

Acaba de rematarse a obra de acondicionamento e mellora da pista de Ventoselle a Cortellos, na parroquia de A Rigueira de Xove.

Esta estrada de 1.412 metros de longo, foi arranxada pola empresa Cazas, consistindo a obra no ampliado da pista e dotándoa dun ancho variable de 3,5 a 4,5 metros.

Ademáis, sustituiuse o rego asfaltico por aglomerado en quente, dotándoa tamén de cunetas e agora está perfilada por un lateral e de formigón polo outro.

Por último, procedeuse ao pintado da mesma.

Esta obra estaba incluída no Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020, e contou cun presuposto de 91.032,89 euros, dos cales 50.160 euros foron aportados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o resto polo propio Concello.