Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A ACD Xove organiza este verán clases de surf para todos os nenos

Por 17 Xuño, 2020Sin comentarios

Dende ACD Xove van organizar este verán clases de surf para todos os nenos e rapaces, que sexan socios da entidade, de forma totalmente gratuita.

Como ven sendo habitual, todos os verans organizan esta única actividade xa que e necesario e fundamental, que os nenos teñan boa relación co medio acuático, primeiro en piscina, e logo tamén no mar. As preinscricions faranse via WhatsApp, no teléfono da ACD Xove, 618 97 61 59.

Unha vez teñan os nenos e rapaces interesados, poñeranse en contacto con seus pais, para que cubran a folla de inscrición, e explicarlles como vai a ser a actividade.

Cada curso, tanto o de Iniciación, como o de Avanzado, van a ter 12 sesions e celebraranse nos meses de xullo e agosto.

Dende a organización lembran que as clases solen variar, as veces van poder ser pola mañá e outras veces serán polas tardes xa que dependen das mareas, e do estado do mar.