Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alcoa comezará a consulta formal para os despedimentos o 25 de xuño

Por 17 Xuño, 2020Sin comentarios

Alcoa anunciou a súa intención de iniciar o proceso formal de consultas de despidimentos colectivos da planta de alumnio de San Cibrao que xa se anunciou o 28 de maio.

Dito proceso comezará o próximo 25 de xuño e terá unha duración de 30 días co obxetivo de lograr o mellor resultado posible para todas as partes.

Desde hoxe e ata o 25 de xuño, Alcoa continuará as consultas cos representantes dos traballadores durante unha semana máis, a cuarta, “para informarlles das graves circunstancias e da situación insostible pola que atravesa a planta de aluminio”, informou a multinacional estadounidense.

Alcoa xustifica os despedimentos polas perdas na produción de aluminio e carestía da factura eléctrica, que pode chegar a supoñer o 40% dos custos de produción.

Os representantes dos traballadores teñen agora un prazo de sete días para designar aos membros da comisión que participarán nas negociacións e pola súa banda Alcoa asegura que “non se adoptará ningunha decisión final ata que se complete o proceso de consulta formal”.

Pola súa banda o comité de empresa comunicou que seguirán coas mobilizacións, e que mañá xoves manterán unha reunión para “adoptar as medidas máis contundentes contra o ERE”.

O vindeiro venres ás 13 e 15 horas convocan a unha asamblea a todos os traballadores da factoría, tanto de aluminio, como alumina e empresas auxiliares para expoñer a folla de ruta que seguirán.