Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Burela selecciona un técnico de turismo

Por 17 Xuño, 2020Sin comentarios

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte, día 16 de xuño, a modificación das bases de selección para a contratación temporal dun/dunha técnico de turismo ao abeiro do programa Fomento de Emprego 2019, integrado o Plan Único da Deputación de Cooperación cos Concellos.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, explica que “este proceso de selección deu comezo o pasado 12 de marzo, e viuse interrompido polo estado de alarma. De aí que agora, e xa que os prazos administrativos suspendidos se reiniciaron o pasado 1 de xuño, volvemos poñelo en marcha”.

O edil burelés lembra que “a duración inicial do contrato ía ser de 6 meses, pero agora será de 3, dando comezo o 1 de xullo e rematando o 30 de setembro, que é cando remata a subvención. Queremos axilizar todo ao máximo para proceder á contratación desa persoa o antes posible, porque queremos poñer en marcha a oficina de turismo para dar información a todos os turistas que agardamos que chegarán á zona ao longo das vindeiras semanas”.

O prazo de presentación de instancias será de 7 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Lugo, é dicir desde mañá. “Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte”, recolle a modificación das bases.