Skip to main content
ActualidadeLourenzáSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Roberto Ramallal estará ao fronte do primeiro equipo de Lourenzá

Por 17 Xuño, 2020Xuño 25th, 2020Sin comentarios

Roberto Ramallal estará a vindeira tempada ó fronte do primeiro equipo das Escolas Deportivas Lourenzá en substitución de Diego Rego.

Logo de 4 ano, o que fóra xa adestrador do Lourenzá, volve esta tempada desde o Riotorto para intentar manter o posto do equipo laurentino acadado ao non haber descensos e consolidar ó equipo entre os mellores da categoría apostando pola filosofía do clube, dar continuidade ó traballo de canteira e a proxección dos nosos xóvenes valores.

O técnico dirixiu fai uns anos ao Iberia, Xove Lago e o Castro en Preferente, e comprometese esta vindeira tempada coa directiva do club para intentar guiar aos laurentino na primeira autonómica.

Agora a prioridade do míster e da secretaría técnica dirixida polo secretario Óscar González céntrase na renovación da maioría do plantel desta pasada tempada, as cales están bastante avanzadas coa maioría dos xogadores e das que vos informaremos en breve.