Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As comisións e o Concello de Xove acordan suspender todas as festas

Por 18 Xuño, 2020Sin comentarios

O alcalde Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de cultura, Dolores Meitín, mantiveron unha xuntanza coas comisións organizadoras das distintas festas parroquias e patronais, festas gastronómicas e feiras de gando que se celebran no Concello.

Debido ao problema do coronavirus, acordaron suspender este ano a celebración das distintas festas e feiras, primando neste sentido a seguridade das persoas.

Todos os participantes na xuntanza asumiron que a celebración dos distintos eventos suporía un risco sanitario moi alto, dado que a previsión é que se producirían grandes concentracións de persoas nestes eventos, tendo en conta tamén que se desprazarán moitas persoas a Galicia a pasar as vacacións, xa que fomos os primeiros en sair do estado de alarma.