Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O CCA de Foz conta cunha plataforma web de venta online

Por 18 Xuño, 2020Sin comentarios

A Casa da Cultura, de Foz, acollerá o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:30 horas a presentación da plataforma web de venta online do Centro Comercial Aberto, www.compraenfoz.com.

Trátase dunha iniciativa na que a asociación leva traballando varias semanas. A aplicación web contará cunha presentación do Centro Comercial Aberto focense e con diferentes seccións. Haberá un escaparate individual para cada negocio participante con xestor de contidos para o mantemento e actualización de produtos, fotografías, textos, etc… Na tenda online os artigos estarán clasificados en diferentes niveis, contará con buscador por nomes ou categorías, disporá de carriño da compra e realización de pedido online, entre outras posibilidades. As condicións de venta terán que ser definidas por cada tenda: os prazos de entrega; os custes de envío; as devolucións; as formas de pago a través de Paypal,  tpv virtual, transferencia, contra reembolso…; o seguimento online dos pedidos, etc.

O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo dixo que “estamos preparados para a nova normalidade, que acabamos de estrear, co obxectivo de ofrecerlles ao nosos socios e socias esta posibilidade e á súa clientela, á que teñen en Foz e na súa contorna e a esa outra que visitaban a localidade con frecuencia, porque contan con segunda residencia aquí, ou porque viñan aos hoteis pasar as súas vacacións e eran fieis clientes do comercio focense. Queremos que o sigan sendo, cando poidan vir aquí, pero tamén que o sexan desde as súas casas. Este centro comercial virtual ten como destinataria á clientela do comercio de Foz, sexa de onde sexa e estea onde estea”.

No acto deste xoves intervirán o alcalde, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, José Mª Linares, o presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez, e o presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo. Tamén asistirán os portavoces municipais no Concello focense así como membros da directiva do CCA e representantes dos comercios que se adheriron a este proxecto.

Na posta en marcha desta iniciativa do CCA colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.