Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O deputado Néstor Rego estará en Viveiro nun acto público

Por 18 Xuño, 2020Sin comentarios

O BNG convoca este venres ás 20:00 en Viveiro o primeiro dun dos numerosos actos nos que  as candidatas e candidatos mariñaos Miriam Bermúdez, Daniel Castro, Andrea Martíns, Diego Fernández e  Marco López  e tamén Olalla Rodil, Néstor Rego e Ana Pontón percorrerán os concellos da comarca co obxecto de que a partir do 12 de xullo A Mariña poida ser dona do seu futuro.  O acto de Viveiro terá lugar nos Xardíns Noriega Varela, e intervirán no mesmo Ana Ermida, responsable comarcal do Bng, Miriam Bermúdez, concelleira en Viveiro e candidata nº 7 ao Parlamento, Daniel Castro, candidato nº 2 e Néstor Rego, deputado no Congreso, mariñao, e que desde o mes de novembro en que tomou posesión foi quen levou á tribuna das Cortes os problemas da Mariña e de Galiza. É o primeiro acto público en Galiza no que participa Néstor Rego despois do seu confinamento de mais de tres meses en Madrid.

Apoio do BNG

Na xuntanza celebrada pola dirección comarcal do BNG mariñao esta semana  acordouse tamén mostrar o apoio á manifestación que para o luns 22 de xuño ás 20:00 e baixo o lema Futuro para a Mariña e en defensa das infraestruturas, a industrialización, a sanidade e os servizos públicos convocan os sindicatos en Burela, acordando tamén convidar á participación masiva na mesma, dada a situación de emerxencia que está a vivir a comarca nos últimos tempos, despois dunha década na que o desemprego avanzou a pasos axigantados sen que o goberno da Xunta artellase ningunha medida  para paliar a sangría económica que eso supuxo, tal como lle demandou o Bng en innumerables ocasións. Situación agravada agora mesmo polo anuncio de despidos en Alcoa e nas empresas auxiliares, que están nunha situación se cabe ainda mais delicada,  situacións  ante as  cales nin o PP na Xunta nin o Psoe no goberno do Estado son capaces de tomar a decisión de intervir e nacionalizar esta factoría, que é a solución.