Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xa se poden solicitar os permisos para as cacharelas privadas de San Xoán en Cervo

Por 18 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de comunicar que xa se poden solicitar os permisos para as cacharelas privadas de San Xoán.

Deberán presentar comunicación previa de actividade, segundo o modelo oficial que figura na páxina web do Concello de Cervo www.concellodecervo.com, remitindo un correo electrónico á dirección concello.cervo@eidolocal.es.

O prazo de presentación remata ás 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020.