Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

‘A custodia do territorio’, é o título do novo videofaladoiro de Nordés

Por 19 Xuño, 2020Sin comentarios

O sábado 20 de xuño, ás 20.00 horas nos Videofaladoiros de Nordés será a quenda de A custodia do territorio en Galicia. Oportunidades para o Ortegal da man da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) con Roberto Hermida, doutor en Bioloxía, e/ou Óscar Rivas, Licenciado en Veterinaria.

A custodia do territorio serve como ferramenta participativa para a conservación que busca a implicación dos propietarios e xestores do territorio na conservación dos seus valores naturais. Dende a AGCT amosaránnos algún exemplos de custodia do territorio desenvolvidos en Galicia e tamén explorarán as posibilidades desta ferramenta no Ortegal.
Para desfrutar deste videofaladoiro hai dúas opcións, a primeira, a través do Jitsi Meet onde é posible interactuar directamente cos colaboradores e o resto de persoas participantes. Previa anotación en asociacion.nordes@gmail.com ou no 653 756 454 (Ricardo). Recibiredes un enlace para participar na charla do sábado 20 de xuño. O venres 19, ás 19.30 horas farase unha proba de conexión no Jitsi Meet para resolver posibles problemas de uso ou dúbidas. E a segunda opción é a través da nosa canle de Youtube, en directo ou diferido: https://youtu.be/okHii3WpLuQ