Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Un ano máis volve o programa ‘Aberto x Vacacións’ a Foz

Por 19 Xuño, 2020Sin comentarios

Un ano máis volve o programa Aberto x Vacacións a Foz. Será unha edición un pouco diferente porque haberá que ter precaución e seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, con limitacións de aforos, dalgunhas actividades… Estas actividades serán no Ceip O Cantel e na Sala Bahía, ademáis de poder incluir outras ubicacións.

As prazas estarán limitadas, atendendo á normativa existente, e o proceso constará de: preinscrición, publicación de persoas admitidas e formalización de inscrición.

Terán prioridade aqueles nenos cuxos proxenitores traballen, así como familias monoparentais ou monomarentais na mesma situación (entrega de documentación acreditativa o día de formalizar a inscrición ou perda de praza), e os menores empadroados no Concello de Foz. Resérvase un 20% de prazas a persoas en situación de vulnerabilidade, beneficiarias de programas sociais. Co resto das preinscricións, realizarase un sorteo ata cubrir as prazas.

Cada preinscrición realizada asociarase a un código que será remitido a través de correo electrónico (revisar o  correo electrónico antes do 26 de xuño para comprobar a súa recepción).

A preinscrición realizarase a través do envío do formulario debidamente cumprimentado ao enderezo electrónico: axv2020@concellodefoz.es.
A listaxe dos códigos das persoas admitidas será  publicada na sección de Novas da web do Concello de Foz  (www.concellodefoz.es), despois da realización das comprobacións e do sorteo. As datas de preinscrición van dende o 19 de xuño ao 24 de xuño e a listaxe publicarase o 29 de xuño.

Haberá catro quendas para as actividades, a quenda 1 do 6 ao 17 de xullo, a quenda 2 será do 20 ao 31 de xullo, a quenda 3 do 3 ao 14 de agosto e a quenda 4 do 17 ao 28 de agosto. Cada unha delas terá un custo de 10 euros.

As persoas admitidas deberán formalizar a inscrición na Casa da Xuventude, en horario de 10 a 13 e de 18 a 20, do 30 de xuño ao 3 de xullo para a quenda 1 e quenda 2, e do 20 ao 24 de xullo para a quenda 3 e quenda 4.