Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ábrese o prazo para a renovación das matrículas do alumnado da EMMeD de Ribadeo

Por 20 Xuño, 2020Sin comentarios

O vindeiro luns, 22 de xuño, ábrese o prazo para a renovación das matrículas do alumnado da EMMeD de Ribadeo para o curso escolar 2020/2021.

Hugo García, responsable da Escola, sinala que “tras este remate de curso a distancia, dado que a Consellería de Educación non autorizou a apertura deste tipo de centros, xa se está a traballar na organización do próximo curso e na adaptación das instalación para adecuarse á nova normalidade”.

E subliña que “este ano, como novidade e para garantir a seguridade de todas as persoas, a matrícula realizarase de xeito telemático, inclusive o pago das taxas. Así as persoas usuarias deste servizo non terán que desprazarse ata o centro, como viña sendo habitual. A renovación destas matrículas poderase facer dende o 22 de xuño ata o 22 de xullo, ambos inclusive”.

García indica que “as matrículas para o novo alumando realizaranse no mes de setembro”

E engade que “desde a dirección da Escola, queremos agradecer enormemente o traballo feito polo técnico informático do Concello, que adecuou os medios técnicos nun corto espazo de tempo para poder levar a cabo este trámite de xeito telemático”.