Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Burela recibiu unha doazón do IES Perdouro

Por 21 Xuño, 2020Xuño 25th, 2020Sin comentarios

O Concello de Burela recibiu unha doazón de produtos de primeira necesidade realizada polo alumnado de 4º de ESO do IES Perdouro no marco do proxecto educativo de cooperación Na casa de papel. Irá destinada a 20 familias en risco de exclusión social, que contan con nenos e nenas de 0 a 3 anos.

As concelleiras de Muller e Igualdade, Cooperación e Inmigración, Noelia Mª Ben, Servizos Sociais, Carmela López, e Conchi Pernas, técnico municipal encargada do seguimento das familias destinatarias, recolleron no IES Perdouro a doazón. Carmela López explica que “se trata de produtos de primeira necesidade destinados a 20 familias en risco de exclusión social e con nenos de 0 a 3 anos. Elas  recibirán eses packs conseguidos polos rapaces e rapazas que forman parte deste gran proxecto. Sentímonos moi orgullosas de todos eles e queremos darlles as grazas publicamente”.

A edil de Servizos Sociais engadiu que “como agradecemento e agasallo, quixemos doarlles nós a eles 60 mascarillas de tea de cores, que foron feitas no taller solidario que tivo lugar nos meses de abril e maio por parte das costureiras do noso pobo”.