Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O comité de empresa de Alcoa anuncia novas protestas para esta semana

Por 22 Xuño, 2020Xuño 25th, 2020Sin comentarios

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, convocou para este xoves 25 de xuño, a partir das 12.00 horas, un nova concentración de protesta ante a Subdelegación do Goberno en Lugo, xa que ese mesmo día está previsto que se inicie o período de consultas formal para o ERE.

Ademais está convocada tamén para o domingo 28 unha caravana de vehículos que partirá ás 10.00 horas dende o aparcadoiro do mercado de Viveiro, continuará ás 10.20 por Xove, pasará ás 10.40 horas polo Hospital de Burela e ás 11.00 horas Foz e Barreiros, para desprazarase ata a capital lucense. Finalizará ás 14.00 horas.