Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Trabada danlle a benvida ao verán co Cine na rúa

Por 23 Xuño, 2020Sin comentarios

En Trabada danlle a benvida ao verán cunha amplia programación de Cine na rúa na praza do Concello.

Comezans este sábado coa proxección da película María Solinha de Ignacio Vilar ás 22.45.

Unha película que trata a intolerancia, a violencia de xénero e a represión do corpo e da mente, reconstruíndo a lenda de María Solinha (Grial Montes), unha muller viuda que viviu no século XVII e foi acusada de bruxería pola Inquisición. A protagonista desta obra (Laura Míguez) sufre, no século XXI, os ecos das agresións que viviu María Solinha no século XVII.

Continuarán o mércores 5 de agosto con Si yo fuera rico, o mércores 12 A galiña tiruleca, o venres 14 con Grease, o sábado 15 Pradolongo, o 16 Vilamor, o 19 Yesterday, o 26 Eroski non hai paraíso e por último o sábado 24 con O que arde.