Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Volve o ciclo formativo de carrocería ao Cifp Porta da Auga de Ribadeo

Por 24 Xuño, 2020Sin comentarios

O Centro Integrado de Formación Profesional (Cifp) Porta da Auga, de Ribadeo, recupera o ciclo formativo de Carrocería para o curso 2020-21. O prazo de presentación de solicitudes de admisión para os ciclos formativos de grado medio e superior comeza este xoves, día 25, ás 09:00 horas e rematará o 8 de xullo.

O director do centro, Isidro Berdeal, anuncia que “de cara ao vindeiro curso académico 2020-2021 o CIFP Porta da Auga vai seguir ofrecendo os ciclos de formación profesional básica de Administración e xestión e de Transporte e mantemento de vehículos. En canto a ciclos medios imos seguir tendo o de Xestión administrativa, tanto en oferta ordinaria como en modular a distancia; de Instalacións eléctricas e automáticas; de Atención a persoas en situación de dependencia; Electromecánica de vehículos; e recuperamos a oferta formativa do ciclo de Carrocería, que no tivemos no centro o curso pasado. En cando aos ciclos formativos de grao superior teremos o de Administración e finanzas, o de Educación infantil e o de Automoción”.

Isidro Berdeal engadiu que “na familia profesional de Edificación e obra civil vamos ter o ciclo medio de Obras de interior, decoración e rehabilitación, en oferta modular en horario de adultos, de seis da tarde a once da noite; ao igual que, na familia profesional de Electricidade e electrónica, o ciclo superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados, que tamén se impartirá nese mesmo horario”.