Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP de Foz pide aumentar as axudas co diñeiro aforrado das festas

Por 25 Xuño, 2020Sin comentarios

O Partido Popular de Foz solicitará este xoves no Pleno ordinario que se implemente en maior medida que a que o propón o Bipartito local as cuantías da ordenanza de emerxencia social posto que entendemos é insufiente podendo usar o aforro na partida de festas que prematuramente anunciaron non se ían realizar debido aos riscos de contaxio do COVID19.

Castiñeira recorda “o inmobilismo do goberno local que a pesares da súa folgada maioría aínda non aprobou os orzamentos do 2020 e sigue cos orzamentos prorrogados que aprobaron PP e FPF e que socialistas e nacionalistas botaron en contra pero que afortunadamente si contiñan  unha partida de emerxencia social a pesares de non existir a pandemia que agora nos azouta”.

“Creemos que esta pequena modificación que o goberno propón da ordenanza para pasar o tope anual máximo de 600 a 1000 euros aparte de ser insuficiente é resultado do cargo de conciencia do goberno local por votar en contra do Plan Poscovid de axudas proposto polo PP no pleno pasado de 500.000 euros”, di o voceiro popular.

Por outro lado o Partido Popular de Foz presenta dúas mocións nas que solicitan en primeiro lugar a reparación das estradas municipais paralelas á vía do tren en Cangas e Nois, posto que son as que peor están nestes momentos despois de que o anterior goberno popular arranxase  a maioría das vías principais destas parroquias nos últimos anos a cargo dos orzamentos municipais e de diversos planes con pactados con Xunta e Deputación.

E en segundo Lugar os populares focenses solicita que Costas retome o dragado solicitado polo anterior goberno do canal de desembocadura do río Ouro que está estrangulado por bancos de area a ambos lados e é unha demanda da propia asociación de veciños presidida por Raul Rio que innumerables veces denuciou a perigosidade desta situación  poñendo de exemplo a ola xigante en xaneiro do 2018.

Ao remate, o partido popular usando o seu turno de rogos, debido as queixas que presentan os veciños pedirá ao bipartito o arranxo das innumerables fochancas no núcleo urbano e o repintado de pasos de cebra, a mellora da iluminación do parque do campo da cabana e que se reclame a feve o rozado de zonas da súa propiedade.