Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Veciños de Órrea reúnense para falar das obras da igrexa

Por 26 Xuño, 2020Sin comentarios

Veciños de Santa Comba da Órrea están convocados este sábado 27 de xuño a unha nova reunión a partir das 17.00 horas.

Nesta ocasións, a asociación veciñal dará conta do estado no que se atopan as obras da igrexa parroquial, xa que remataron as que están ao cargo do Bispado.

Segundo indican queda por facer a instalación eléctrico, o lousado do cabildo, a pintura, os canalóns, as escaleiras do campanario e restauración dunha das campás.

Outro dos temas a tratar será a figura medieval que apareceu durante as obras e volverán a falar do mantemento do cemiterio.