Skip to main content
Actualidade

Xa son 18 as persoas afectadas por coronavirus na Mariña

Por 26 Xuño, 2020Sin comentarios

Os casos confirmados de coronavirus na Mariña de Lugo continuaron a crecer e polo momento estiman os positivos en 18 casos diferenciados en dous focos. Por unha banda son once da mesma familia e o resto son alleos aínda que están estudiando a súa posible vinculación ou que se trata dun segundo foco. Malia que o brote foi localizado en Xove, hai un gran número de concellos afectados xa que os positivos viven e traballan en diferentes lugares da comarca.

O brote de coronavirus detectado na Mariña xerou un leve repunte de casos activos en Lugo. Tal e como informa este venres a Consellería de Sanidade, os casos activos na área sanitaria aumentaron a 31, catro máis que na xornada do xoves. Esto é así porque tamén continúan a restar curados o que fai que a cifra non se dispare mais o temor está establecido entre toda a Mariña, onde xa se tomaron medidas de control extraodinario para evitar a propagación.

Dos 31 enfermos de coronavirus na provincia, dous permanecen hospitalizados –un no Hula e o outro no Hospital da Mariña– e os demais evolucionan nos seus respectivos domicilios.

De feito, os afectados de Xove teñen unha sintomatoloxía moi baixa ou están asintomáticos e a persoa ingresada en Burela está alí por seguridade debido á súa idade e ás patoloxías previas.

Desde o inicio do plan de continxencia polo covid-19, 921 pacientes curáronse na área sanitaria de Lugo, onde se rexistraron un total de 28 falecementos.

Mentres tanto, en Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 311, deles 81 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 133 da área de Vigo, 26 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 307 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.590 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

Entre os enfermos de covid-19 hai catro de residencias de persoas maiores e unha das profesionais de asistencia deses centros, nos que se rexistraron 274 do total de 619 falecidos por covid-19.

Os rebrotes na Mariña e O Barbanza non impiden que o coronavirus siga perdendo forza en Galicia, aínda que moi pouco. A nivel galego hoxe hai 22 casos activos menos que onte. Unha gran baixada na área sanitaria da Coruña, con 21 enfermos menos, alimenta este descenso.

Con respecto ao resto de España, o Ministerio de Sanidade informou de oito novas mortes por coronavirus nas últimas 24 horas, o que eleva a 28.338 a cifra total de falecidos. Ademais, notificáronse 191 novos positivos, en comparación cos 157 deste xoves. Ata 788 persoas iniciaron síntomas de covid-19 nas dúas últimas semanas, das que 275 producíronse no últimos sete días, a cifra máis alta das últimas 26 xornadas.

Tras esta última actualización España xa suma un total de 247.905 casos, fronte aos 247.486 recolleitos ata onte. É dicir, Sanidade rexistrou un incremento real de 419 novos positivos, pero só puido atribuír 191 ás últimas 24 horas.

Deles, 72 corresponden a Aragón. Por detrás están Madrid que, ademais de dous dos decesos, informou de 41 novos positivos, e Cataluña, que contabilizou 36 casos pero ningunha morte, igual que Andalucía, onde os contagios confirmados ascenden a 12.

En número de hospitalizacións na última semana, informouse de 147 (125.030 en total), mentres que hai 12 ingresos en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), 11.651 en total.

AS NOVAS NORMAS

  • Mantéñense as medidas de hixiene, desinfección e ventilacións de todos os locais de uso público.
  • O espazo de seguridade entre persoas debe ser de metro e medio.
  • O uso da máscara é obrigatorio se non se pode manter a distancia de seguridade.
  • Aforos en todos os recintos deberá estar como máximo ao 75% da súa capacidade e para visitas guiadas en actividades ou restaurantes os grupos de persoas non deberán exceder das 25 persoas. As áreas comúns dos centros comerciais deberán estar ao 50%.
  • Reabren os parques infantís, biosaudables, zonas deportivas, pistas e espazos en xeral de uso público pero sempre respectandoa capacidade máxima dunha persoa cada catro metros cadrados.
  • As oficinas ou vestiarios e espazos comúns deberá respectarse o metro cadrado de espacio por persoa.
  • As terrazas ao airela libre incrementan a súa ocupación ata o 80%.
  • Na hostalería recoméndase a pago con tarxeta, a desinfección periódica, as mantelerías dun só uso e os produtos monodosis.
  • As actividades en espazos pechados como academias, bibliotecas, museos, cines o igrexas recomendan unha ocupación do 75% e grupos con máximo de 25 persoas.
  • En velorios o límite está en 60 persoas ao aire libre e 30 en lugares pechados. A comitiva pode ser de 75 persoas.
  • En vodas o máximo é de 250 ao aire libre e 150 en interior.
  • As piscinas poderán estar ao 75% con desinfección continua de vestiarios e aseos mentres que nas praias deberán respecta os catro metros cadrados por persoa.
  • Están permitas as actividades deportivas con público que terá que estar sentado e ao 75% do aforo do local cun máximo de 300 persoas en lugar pechado e mil ao aire libre.
  • Congresos, reunións e conferencias tamén ao 75% do aforo. con 300 persoas sentadas en espazos pechados e mil ao aire libre.

PERMITIRANSE A PARTIR DO 1 DE XULLO

  • As verbenas e festas populares
  • Atraccións de feiras
  • Discoteas e locis de ocio nocturno
  • Establecementos de xogo e entretemento xuvenil e infantil
  • Albergues